SCURTA ISTORIE + SECVENTE

DATOS BÁSICOS

PASE DOBRE DA SECCIÓN 100 ANOS DE CINEMA ROMANÉS

Scurtă Istorie / Unha historia curta

Duración: 9 minutos

Dirección: Ion Popescu-Gopo

Romanía / 1957 / Curtametraxe / Animación / Romanés

Ficha técnica

Guión: Ion Popescu-Gopo.
Produción: Est/Ouest Distribution.

Sinopse

Considerado nun momento dado o Disney romanés, Ion Popescu-Gopo afirmouse como líder da animación europea da segunda metade do século XX. Este feito certificouse co premio que obtivo Scurtă istorie en Cannes en 1957, unha película que non temía sacar á luz ideas políticas subversivas nun clima marcado pola morte de Stalin, polo “aborto” da Conferencia de Xenebra e polo fortalecemento do Pano de Aceiro que separaba Europa. Para facer dixerible esta mensaxe, Gopo recorre ao humor presente en todas as súas películas de animación ou de ficción artística.

Premios

  • Palma de Ouro á mellor curtametraxe en Cannes 1957.

Secvențe / Secuencias

Duración: 98 minutos

Dirección: Alexandru Tatos

Romanía / 1982 / Longametraxe / Ficción / Romanés

Ficha artística

Ion Vîlcu, Geo Barton, Mircea Diaconu, Luminița Gheorghiu.

Ficha técnica

Guión: Alexandru Tatos.
Fotografía: Florin Mihăilescu.
Edición: Iulia Vincenz.
Produción: Romania Film.

Sinopse

A película está composta por tres episodios independentes que teñen como vínculo o equipo de rodaxe, a atmosfera e os problemas específicos da realización dunha película. Tanto no estudio como fóra del, a vida dos membros do equipo de rodaxe confróntase coa dos personaxes, xerando en ocasións situacións similares, noutras, discrepantes. A soidade do mozo do primeiro episodio reflíctese na soidade do director. O drama conxugal do director do restaurante, no segundo episodio, esperta no equipo unha compaixón divertida e evidentemente condescendente. E, ao final, o enfrontamento entre os dous figurantes e antigos adversarios toma unha inesperada carga tráxica.

Duración: 
9 + 98 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Martes, 20 Novembro, 2018
17:30
Multicines Compostela