SALVADOR SOBRAL

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

AVISO: ENTRADAS Á VENTA DESDE MARTES 18 DE SETEMBRO ÁS 12.00 H. Venta online en ABANCA

No 2017 Salvador Sobral conseguiu o primeiro trunfo para Portugal na historia do Festival de Eurovisión, superando ademáis a máxima puntuación acadada por un país na historia do Festival. ”AMAR PELOS DOIS" foi escrita e producida pola súa irmá Luisa Sobral. É unha composición de jazz da que Salvador declarou: “está influenciada por aqueles clásicos estadounidenses e cun toque das belas melodías da Bossa Nova”.

A partir de aquí, a súa carreira despegou como ningunha, converténdose nun dos artistas máis valorados da canción de autor a nivel mundial. O videoclip de “Amar pelos dois” ten 17 millóns de reproducións, chegando a públicos tan diversos como é a súa música.

Despois de varios meses apartado dos escenarios por unha doenza do corazón, Salvador volveu neste 2018 totalmente recuperado para unha xira que o está a levar aos teatros e auditorios máis prestixiosos de Europa.

Salvador Sobral tráenos a Santiago o seu repertorio propio, unha viaxe que comeza no jazz e fai un percorrido pola bossanova e as melódicas sonoridades de América Latina, coa interpretación cautivante  e a fermosa voz de Salvador Sobral.

«Delicadeza, musicalidade natural, concentración, respecto pola historia da canción,

en defintiva, civilización e cultura elevada.

Para min, Salvador converteuse nunha das referencias da música mundial»

(Caetano Veloso)

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto desde 1 h 30 m antes de que comece o espectáculo

PREZO

24 € anticipada

28 € día do concerto

Funcións: 
Xoves, 1 Novembro, 2018
21:00
Auditorio de Galicia