SÍLVIA PÉREZ CRUZ & FARSA CIRCUS BAND

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

Sílvia Pérez Cruz & Banda Circus Band presentan 'Farsa (género imposible)' dentro do Cantactrices de Wom@rts.

Farsa é o novo disco de Sílvia Pérez Cruz. Nos seus traballos discográficos, Sílvia intercala discos de composicións propias con oturos de creación desde a interpretación nos que realiza versións de outros artistas. Este é un disco que creou conversando con outras disciplinas artísticas como o teatro, o cinema, a danza, a poesía, a pintura ou o cinema de animación. Gravado durante 2019 e 2020, 'Farsa (género imposible)' responde á inquietude da artista en relación á dualidade do que se amosa e o que realmente somos, por cómo sobrevive a fraxilidade do interior, do íntimo nestes tempos nos que a superficie é tan arrasadora, nos que o que se ve se pode chegar a confundir co que se escoita.

FARSA CIRCUS BAND é o directo con banda deste proxecto. O line-up está formado por grandes músicos da mesma xeración que Sílvia cos que se reencontra despois de moitos anos e camiños propios de investigación e amor á música. O concierto a plena cor, para espazos de gran formato, festivais, shows ao aire libre, etc.

Sílvia Pérez Cruz
Marco Mezquida: piano, teclados
Aleix Tobías: percusión
Mario Mas: guitarras
Bori Albero: contrabaixo
Carlos Montfort: violín

Duración: 
2 horas
Entradas: 

Polo novo nivel de restriccións

NOVAS ENTRADAS Á VENDA HOXE VENRES ÁS_ 14.00 H

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

15 euros (descontos habituais do 50%)

Funcións: 
Sábado, 5 Decembro, 2020
20:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Sílvia Pérez Cruz - Grito Pelao