Sílvia Pérez Cruz & Banda Circus Band presentan 'Farsa (género imposible)' dentro do Cantactrices de Wom@rts.
Farsa é o novo disco de Sílvia Pérez Cruz. Nos seus traballos discográficos, Sílvia intercala discos de composicións propias con oturos de creación desde a interpretación nos que realiza versións de outros artistas. Este é un disco que creou conversando con outras disciplinas artísticas como o teatro, o cinema, a danza, a poesía, a pintura ou o cinema de animación. Gravado durante 2019 e 2020, 'Farsa (género imposible)' responde á inquietude da artista en relación á dualidade do que se amosa e o que realmente somos, por cómo sobrevive a fraxilidade do interior, do íntimo nestes tempos nos que a superficie é tan arrasadora, nos que o que se ve se pode chegar a confundir co que se escoita.
FARSA CIRCUS BAND é o directo con banda deste proxecto. O line-up está formado por grandes músicos da mesma xeración que Sílvia cos que se reencontra despois de moitos anos e camiños propios de investigación e amor á música. O concierto a plena cor, para espazos de gran formato, festivais, shows ao aire libre, etc.
Sílvia Pérez Cruz
Marco Mezquida: piano, teclados
Aleix Tobías: percusión
Mario Mas: guitarras
Bori Albero: contrabaixo
Carlos Montfort: violín