ROSA E AZUL

Parque de Bonaval
DATOS BÁSICOS

APEGO. CONTOS NO PARQUE Rosa e Azul é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e títeres artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

Elenco Victoria Pérez e Manu Fernández

Guión e dirección Pérez&Fernández

Duración: 
45 min
Entradas: 
  • Reserva previa de entradas desde o xoves anterior a cada conto a través de: reservas.ga

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 10 Agosto, 2021
18:00
Parque de Bonaval