ROMEO E XULIETA
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Maximino Zumalave, director
Monicreques Per Poc
Marta Lado, narradora
S. Prokófiev: Romeo e Xulieta, op. 64 (orq. red. Longstaff)
Este concerto forma parte da programación Didáctica que organiza o Auditorio de Galicia para os centros educativos. Nesta ocasión, facemos un concerto familiar, aberto a todo o público para que os nenos e nenas que non viñeron coa escola poidan achegarse coas súas familias a gozar da música e os títeres.
Información do prezo das entradas
O prezo xeral da entrada para este concerto é de 5 €. Existe un bono familiar de catro entradas por 15 € (é dicir, 4 entradas ao prezo xeral de 3). Esta promoción non será aplicable para as entradas vendidas por internet, para obter este desconto deberase efectuar a compra das entradas nos despachos de billetes do Teatro Principal ou do Auditorio de Galicia.