ROCÍO MOLINA: “IMPULSO hacia Vuelta a Uno”

DATOS BÁSICOS

O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España organiza, desde o 2018, o evento 'La Noche del Patrimonio. La Nit del Patrimoni. A Noite do Patrimonio', simultaneamente nas 15 cidades españolas cuxos cascos históricos están declarados Patrimonio Mundial: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/ Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. Este ano estará estruturada en tres seccións: espectáculos de danza (Escena Patrimonio), portas abertas de monumentos (Aberto Patrimonio), e unha gran oferta de actividades culturais e de ocio nas nosas cidades históricas (Vive Patrimonio).

ESCENA PATRIMONIO

Rocío Molina. “IMPULSO hacia Vuelta a Uno”

Existe un pequeno territorio ou quizais sexa un instante onde o acto creativo é nativo, límpido e salvaxe. Onde a mente non comezou a preguntar, nin o ego a temer, nin a expectativa a acomodarse nos ombreiros. Un tempo libre, intimidante por non domesticado, por ser só pulsión, enerxía sen nome, dramaturxia con só nó, comuñón pagá de corpo a corpo, baile sen xuramento.

Rocío Molina acolle este latexado e consciente da súa fraxilidade compárteo co público, nunha sorte de mirar o taller tras o pano e ser partícipe do procesual da procura artística. Os Impulsos son encontros únicos, nutridos de presente que transitan a improvisación e a investigación. Despréganse en espazos non escénicos onde se desfai o substantivo espectador para xurdir o compañeiro de viaxe. Lugares singulares que albergan esta delicada manifestación, esta ofrenda de ser pulso que recentemente nace.

FICHA ARTÍSTICA / PATROCINIOS /COLABORADORES
Baile: Rocío Molina
Guitarra: Yerai Cortés

Coa colaboración especial de:
Vestiario: Leandro Cano
Fotografía: Pilar Lozano Iglesias (Plástico Cruel)
Deseño gráfico: Julia Valencia
Dirección técnica e luces: Antonio Serrano
Técnico de son: Javier Álvarez
Dirección executiva: El Mandaito Producciones S.L.

- WEB DO EVENTO

- WEB DE ROCÍO MOLINA

Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 18 Setembro, 2021
20:30
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela