SECCIÓN LATIDOAMERICANO
Dirección: Cristóbal Valenzuela Berríos
Chile, Francia / 2017 / Longametraxe / Documental / Castelán, Francés
Ficha artística
Luis Emilio Onfray.
Ficha técnica
Guión: Cristóbal Valenzuela, María Luis Furche, Sebastián Rioseco.
Fotografía: David Bravo.
Música: Jorge Cabargas.
Produción: María Paz González.
Sinopse
Unha mañá de xuño de 2005, os gardas do Museo Nacional de Belas Artes de Chile notaron que unha millonaria escultura de Auguste Rodin fora roubada. Vintecatro horas despois do suceso, un tímido estudante de arte devolve a peza argumentando que a roubara como parte dun proxecto artístico no que quería demostrar que “unha obra de arte estaba máis presente non estando”. Pasada unha década deste suceso, artistas, avogados, teóricos e o propio protagonista do roubo reviven este episodio artístico-delituoso a través deste documental articulado como un absurdo relato detectivesco que permite ironizar sobre o estado da arte contemporánea e as contradicións do traballo artístico.