RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA)

DATOS BÁSICOS

CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL, MICOMICÓN E APRIORI

Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do Rif despois do Desastre de Annual, ocorrido o 21 de xullo de 1921. Son tres soldados que representan aos miles de mozos españois que foron arrincados dos seus fogares e aos miles de rifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para mitigar a súa fame e a súa miseria. A través das súas historias, dos seus relatos, das súas vivencias, que percorrerán lugares tristemente míticos como Igueriben, Zeluán ou o Monte Arruit, e que se van a proxectar ata o nefasto ano de 1936, desfilarán diante de nós personaxes chave daquelas guerras: deputados, altos comisarios, reis, cantineiras, prostitutas, caídes, artistas de cinema, xornalistas, militares e civís. Con eles imos visitar, coma se dun pesadelo grotesco se tratara, unha guerra innecesaria, inxusta e cruel, que causou miles de mortes de españois e rifeños, utilización de gases tóxicos incluída, e cunhas consecuencias cruciais no devir do século XX...

Autora: Laila Ripoll e Mariano Llorente

Dirección: Laila Ripoll

Reparto: Arantxa Aranguren, Juanjo Cucalón, Mateo Rubistein, Jorge Varandela, Ibrahim Ibnou, Sara Sánchez, Carlos Jiménez-Alfaro, Mariano Llorente e Néstor Ballesteros

Escenografía: Arturo Martín Burgos

Vestiario: Almudena Rodríguez Huertas

Música: Mariano Marín

Iluminación: Luís Perdiguero

Videoescena: Álvaro Luna

 

Idade recomendada: > 18

Lingua: castelán

© imaxe: Luz Soria

Duración: 
120 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 14 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 12 Febreiro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia