RFG: 'VIAXEIRAS REBELDES'

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA DE ABONO 2021 - 22

A Real Filharmonía de Galicia abre a súa temporada 2021/2022 coa estrea absoluta da obra Hildegart, do compositor galego Juan Durán, realizada por encargo da RFG. A peza está baseada na historia da filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, unha nena educada para ser modelo de muller do futuro e que finalmente é asasinada pola súa propia nai. O concerto realízase co apoio do Xacobeo 2021-2022.

Paul Daniel, director

J. Durán: Hildegart (Ballet)*
S. Prokófiev (arr. D. Griffith): Cincenta (Ballet- selección)

*Estrea absoluta. Encargo RFG

Antes do concerto, ás 19.45 h na Sala Mozart, teremos un Conversando con... Paul Daniel e Juan Durán.

Duración: 
70 min
Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 7 DE OUTUBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 7 Outubro, 2021
20:30
Auditorio de Galicia