RFG: POMPA E REVOLUCIÓN

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Paul Daniel, director

Luis Iglesia, narrador

Coro feminino do Orfeón Terra A Nosa

19. 45 h Sala Mozart: Conversando con... Paul Daniel e Luis Iglesia

 

O último dos concertos da Temporada de Abono 2018 - 2019 será dirixido polo mestre titular Paul Daniel. O actor Luis Iglesia, como narrador e o Coro feminino do Orfeón Terra a Nosa sumánse á escena para interpretar a Elgar, Smyth e a obra, estrea en España, de Rathbone 'Balada da prisión de Reading'.

E clausuramos a temporada conversando –antes do concerto– con Paul Daniel e Luis Iglesia.

 

Programa

E. Elgar: Pompa e circunstancia nº 1 en Re M, op. 39

E. Smyth: Marcha das mulleres (himno do movemento sufraxista feminino)                                             

J. Rathbone: Balada da prisión de Reading * (para narrador e orquestra, a partir do poema homónimo de Óscar Wilde)

E. Elgar: Variacións Enigma, op. 36

(*) estrea en España

Duración: 
90' aprox.
Entradas: 

15 € (descontos 50% habituais)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Mércores, 29 Maio, 2019
20:30
Auditorio de Galicia