RFG: CLASIQUÍSIMO

DATOS BÁSICOS

AVISO: CAMBIO DE LUGAR DO CONCERTO. Desde a concellaría de Acción Cultural de Compostela vémonos na obriga de trasladar este concerto, previsto incialmente no Auditorio de Galicia, para o Auditorio Abanca do Preguntoiro.

A correcta ensamblaxe das novas butacas da sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia atrasou a data de reapertura da sala en base ás previsións iniciais, polo que o concerto non se poderá facer neste espazo. É por iso que nos vemos na necesidade de trasladalo. A data e hora do concerto será a mesma, este xoves 24 de xaneiro ás 20.30 h, e o Conversando previo queda cancelado.

Desde a concellaría de Acción Cultural lamentamos profundamente as molestias que poida causar esta cuestión e contamos coa comprensión de todas e todos os espectadores nunha situación tan excepcional.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Enrico Onofri, director y violín

O destacado director de orquestra e  violinista italiano Enrique Onofri dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun concerto que baixo o epífagre 'Clasicismo' interpretará música barroca de grandes compositores. Previo ao concerto poderemos 'conversar' co maestro quen nos falará sobre o programa a interpretar.

 

Programa

W. A. Mozart: Sinfonía nº 10 en Sol M, KV. 74

G. B. Sammartini: Sinfonía en La M, J-C 62

F. J. Haydn: Concerto para violín en Sol M, Hob.VIIa

W. A. Mozart: Sinfonía nº 39 en Mi b M, KV. 543

Duración: 
90' aprox.
Entradas: 

12 €  (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Xoves, 24 Xaneiro, 2019
20:30
Auditorio Abanca