Portada
Música
Escena
Visual
Cineuropa
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
ABONO
Dima Slobodeniouk, director
devoción wagneriana
Anton Bruckner sufriu ao longo da súa vida os ataques que os partidarios de Brahms, co crítico Hanslick á cabeza. A súa declarada devoción por Wagner fíxolle granxearse a enemistade e a incomprensión do ambiente musical de Viena ata que chegou o éxito coa súa séptima sinfonía. Tiña daquela máis de 60 anos. Atrás quedaba o fracaso da súa terceira sinfonía que tanto lle doeu e que, sen embargo, tanto admirou Wagner. Máis que este, Bruckner foi o compositor favorito de Goebbels e do nazismo. Tanto é así que facía comezar os encontros de Nuremberg e Regensburg coas sinfonías brucknerianas, unha exaltación marcial e supremacista que nunca compartiu o compositor e organista, un home bo, solitario, relixioso e obsesionado con deixar un gran legado. O seu colosal ciclo sinfónico dá fe que o conseguiu.
PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS
PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA