SECCIÓN OFICIAL DOCS CINEUROPA
Jean-Gabriel Périot
Francia / 80 min / Documental / Francés
Ficha técnica
Guión: Jean-Gabriel Périot
Fotografía: Julia Mingo
Edición: Jean-Gabriel Périot
Produción: Marie-Ange Luciani
Adaptación libre da novela homónima de Didier Eribon, Regreso a Reims relata a través de material de arquivo unha historia íntima e política da clase traballadora francesa desde comezos dos anos 50 ata a actualidade.
Jean-Gabriel Périot
(Bellac, Francia, 1974)
Périot dirixiu unha vintena de curtametraxes, tanto en vídeo como en cinema, nos que desenvolveu un estilo de seu a partir de material de arquivo. A meirande parte dos seus traballos ocúpanse de temas de violencia, memoria e historia. Une jeunesse allemande (proxectada no Cineuropa de 2015) foi a súa ópera prima. Logo viñeron As nosas derrotas 2019) e este Regreso a Reims.