SECCIÓN 100 ANOS DE CINEMA ROMANÉS
Dirección: Nae Caranfil
Romanía / 2007 / Longametraxe / Ficción / Romanés,Francés,Alemán
Ficha artística
Marius Florea Vizante, Mirela Zeța, Ovidiu Niculescu.
Ficha técnica
Guión: Nae Caranfil.
Fotografía: Marius Panduru.
Edición: Dan Nanoveanu.
Produción: Domino Film.
Sinopse
Ambientada nas primeiras décadas do século XX, a película conta a historia de Grig, fillo dunha estrela do Teatro Nacional, que está a piques de cometer un pecado imperdoable a ollos do seu pai: dirixir unha película de cinema! Soña con realizar o filme máis grandioso e longo de todos os tempos, a reconstrución fiel da guerra contra os turcos coa que Romanía conseguira a súa independencia 35 anos antes. Leon, un terratenente local tocado por delirios mesiánicos e autoproclamado patrón das artes, convértese no financiador de todo o asunto. Pero poderá Gaumonde, a compañía francesa que controla o mercado cinematográfico en case toda Europa, aceptar a competición cunha produción independente de tal amplitude? E, en caso afirmativo, obterá Grig, a través desta vitoria, o respecto do seu pai? Unha historia (en gran parte) verdadeira, que ten como punto de partida a primeira longametraxe romanesa, A Guerra da Independencia (1912).
Premios
- A produción obtivo en 2009 nove premios Gopo (os Goyas romaneses), entre eles, o Gopo á mellor película, ao mellor guión e á mellor fotografía.