RESIDENCIAS PARAÍSO. ENCONTRO

Sala Agustín Magán
DATOS BÁSICOS

O Colectivo RPM celebra o segundo encontro anual de Residencias Paraíso. Unha xornada na que se combina a presentación dos distintos procesos artísticos que formaron parte do programa ao longo do ano e distintos espazos de encontro para abordar temas transversais entre artistas e institucións colaboradoras.

O CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela acolle o encontro anual de Residencias Paraíso grazas á colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Unha das características do programa de residencias é que está espallado en distintos espazos do territorio ao longo do ano, e que se converte en cita anual é fundamental para artistas e espazos.

Este encontro reúne nunha mesma xornada a presentación da totalidade dos artistas residentes elexidos na convocatoria anual. Estos doce artistas estiveron desenvolvendo as súas residencias ao longo do ano en distintos espazos do pais e será na sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta onde se reúnan todos eles e nos amosen públicamente as derivas dos seus procesos de creación e investigación. Ademais da participación dos artistas residentes, a xornada plantéxase coma un momento de encontro sectorial que achegue tanto ás persoas colaboradoras das distintas institucións vinculadas a Residencias Paraíso como a persoas do tecido profesional do noso territorio.

PARTICIPANTES E PROFESIONAIS CONVIDADOS AO ENCONTRO:

• Artistas Paraíso 2018 (12)
Javier Martín, Cris Balboa, Ánxela Blanco, Marco Antonio Regueiro Fariña, Luz Prado, Gena Baamonde, Laura Iturralde, Montse Piñeiro, Federico Vladimir Strate Pezdirc, Pablo Esbert Lilienfeld, Laura Villaverde e Roi Fernández

• Colectivo RPM (5)
Félix Fernández, Rut Balbís, Alexis Fernández, Andrea Quintana e Caterina Varela

• Colaboradores convidados (10)
Jacobo Sutil (Axencia Galega das Industrias Culturais), Goretti Sanmartín (Deputación da Coruña), Silvia García (Facultade de Belas Artes de Pontevedra), Paulo Rodríguez (Teatro Rosalía de
Castro), Carmen Castro (Pazo de Cultura de Carballo), Silvia Longueira (Fundación Luis Seoane), Manuel Freire (Auditorio Municipal de Ourense), Xaquín López (Auditorio de Galicia), Luciano
Fernández (Pazo da Cultura de Narón), Carmen Basadre (Concello de Lugo).

PLAN E METODOLOXÍA DA XORNADA

O plan do encontro está vertebrado a través dunha metodoloxía que combina por unha banda, a presentación dos distintos artistas e, por outra banda, bloques de conversa e refexión conxunto arredor de temas troncais que nos afectan a todas: convivencia, creación sostible e circulación, así como momentos de distensión arredor da comida conxunta.

10 - 11 h Benvida e café conxunto
11 - 11.30 h Presentación e Rolda de prensa
11.30 - 12.30 h CONVIVENCIA
12.30 - 14 h 4 presentacións de artistas
14 - 15 h Comida conxunta
15 - 16 h CREACIÓN SOSTIBLE
16 - 17 h 3 presentacións de artistas
17 - 17.30 h Descanso merienda
17.30 - 18.30 h CIRCULACIÓN
18.30 - 19 h 2 presentacións de artistas
19 - 20 h Futurible Paraíso 10ª edición e peche

INSTITUCIÓNS COLABORADORAS

(*) Compre sinalar o compromiso e diálogo co director da Axencia Galega das Industrias Culturais con este programa e a aposta da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago e da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra como coprodutores desta nova edición das Residencias Paraíso. Sen esquecernos do esforzo de todos e cada un dos espazos colaboradores e de toda a comunidade artística, sen os cales non tería sentido un programa como este.

Ademáis dos espazos colaboradores do ano anterior (Teatro Rosalía de Castro, Pazo da Cultura de Narón, Auditorio Municipal de Ourense, Fundación Luis Seoane, Pazo da Cultura de Carballo e Vello Cárcere de Lugo) celebramos a incorporación do Teatro Colón, a Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta e a Sala X na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os novos cómplices fan ascender o número total de espazos a nove e amplían, en termos de tipo de espazo, as posibles tipoloxías dos proxectos en residencia.

COLECTIVO RPM
> Colectivo rpm son un conxunto de cinco artistas (Alexis Fernandez, Felix Fernandez, Andrea Quintana, Rut Balbís e Caterina Varela) que entenden de forma colectiva a necesidade de xerar contexto con proxectos que afecten e nutran o noso territorio ademáis das súas propias traxectorias artísticas. Contentas de pilotar un proxecto de Residencias artisticas no noso contexto que conta cun apoio interinstitucional e que visibiliza, acompaña e impulsa as potencias artísticas que temos no noso territorio.

 

 

 

Funcións: 
Xoves, 29 Novembro, 2018
10:00 a 20:00
Sala Agustín Magán