RECITAL DE JESÚS CASTRO YÁÑEZ

DATOS BÁSICOS

NA DISTANCIA MEDRAN VERSOS. RECITAL DE JESÚS CASTRO YÁÑEZ

“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda . No primeiro dos recitais, Jesús Castro Yáñez presenta “O espazo dunha aparición”, e pregúntase: Que espazo ocupamos en relación aos outros? Somos territorios propiamente delimitados ou pola contra superpostos? “O espazo dunha aparición” trata de refacer estas preguntas —poida que ata de buscar algunha resposta— ao afondar nas cuestións de arquivo e familia, pensando se na Historia e nas historias o corpo ten a capacidade de funcionar como documento ou como monumento.
“O espazo dunha aparición” é un recital de aproximadamente 30 minutos onde a voz do poeta dialoga coa voz da Historia, servíndose da súa experiencia familiar e de documentos de arquivo que ilustran a evolución das incubadores neonatais ao longo dos últimos séculos.

Duración: 
30 minutos
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.
____
En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados.

Funcións: 
Mércores, 5 Agosto, 2020
20:00
Alameda