RADAR 6

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

 

LES PROIES

O XOGO

Marine des Contes | 2018 | 53:00 | Francia | DOC | COR

Protexidos dentro da súa cabana, uns cazadores examinan o ceo do outono da rexión de Landes, no sueste de Francia. Meticulosa e pacientemente, escoitan os renxidos do bosque, observando impacientes a que unha pomba torcaz lles voe por riba. Realizando unha curiosa coreografía, tiran dunha das cordas da súa trampa.

Estrea en España

 

ON THE ART OF SET DESIGN

SOBRE A ARTE DA ESCENOGRAFÍA

Jan Ijäs | 2019 | 13:16 | Finlandia | EXP | COR

Esta película está baseada no tratado de dirección On the Art of Cinema do exlíder de Corea do Norte, Kim Jong Il, centrándose en particular no capítulo The Sets Should Reflect the Times, pasaxes do cal son lidos en alto polo narrador.

Estrea en España

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Domingo, 6 Outubro, 2019
17:00
Teatro Principal