RADAR 5

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

 

ALBA

Lucia Martinez, Hugo Radi | 2019 | 26:00 | Suiza | EXP | COR

Cedo pola mañá, tres amigos atopan un coche que lles permitirá erguer o voo. Un deles, arrepentíndose dun acto cometido o día anterior, escoita falar dunha cruz que hai na cima dunha montaña. Parece ser que esta cruz ofrece a posibilidade de conectar con un mesmo. Decide saír á procura da cruz coa axuda dos seus dous compañeiros.

 

I GOT MY THINGS AND LEFT

COLLÍN AS MIÑAS COUSAS E MARCHEI

Philbert Aimé Mbabazi Sharangabo | 2018 | 22:00 | Ruanda, Suiza | FIC | COR

Un grupo de individuos reúnese na casa du amigo falecido no seu velorio. Aínda que morreu a unha idade temperá, levou unha vida singular nunha sociedade conformista. Pasan a tarde recordando a súa vida e o seu legado creativo, comparándoo cos seus propios sendeiros vitais.

Estrea en España

 

MY GENERATION

A MIÑA XERACIÓN

Ludovic Houplain | 2018 | 08:00 | Francia | ANI | COR

E se apoiásemos os nosos móbiles e abrísemos totalmente os ollos? Isto é o que suxire a curta A miña xeración: un plano en movemento de 8 minutos no que cruzamos diferentes mundos: arte contemporáneo, GAFA, deportes, relixións, pornografía, política, finanzas, vacas sagradas, vixilancia xeneralizada, todos opios da xente.

Estrea en España

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 5 Outubro, 2019
20:15
Teatro Principal