CURTOCIRCUÍTO 2022
RADAR 4
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.
Horrendo
Yann Gonzalez | 2022 | 22:00 | Reino Unido | FIC | COL, B&N
A estrela do pop Oliver Sim é o convidado principal dun faladoiro en televisión que axiña se converte nunha viaxe surrealista de amor, vergoña e sangue. Unha curta musical en tres partes.
Marte exaltado
Jean-Sébastien Chauvin | 2022 | 18:00 | Francia | EXP, FIC | COR
Un home durmido soña cunha cidade ao anoitecer. Ou é a cidade a que soña con el?
Estrea en España
Agriloxística
Gerard Ortín Castellví | 2022 | 21:00 | Reino Unido, España | DOC | COR
Nun invernadoiro industrial, as máquinas revisan as plantas e clasifícanas. As cámaras son indispensables para o traballo dos robots. O ser humano só intervén para endereitar algo cando se torce, plantar sementes delicadas ou limpar as máquinas, para que todo siga funcionando. Os produtos deben manter un estándar de calidade e saír listos para o seu consumo. Só á noite, cando todo está durmido, a vida, inesperada, entra en escena e toma o control.