RADAR 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

RADAR 2

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Invencible

Vincent René-Lortie | 2022 | 29:43 | FIC | COL | Canadá

5 de xullo de 2008: Marc, un neno de 14 anos, mergúllase nas augas de Rivière-des-Prairies ao volante dun coche roubado. Invencible traza as 48 horas antes deste incidente cando Marc está confrontado coa súa clamorosa necesidade de liberdade.

Cantantes de ópera inútiles

Pablo Serret de Ena | 2021 | 28:36 | Dinamarca | EXP | COR

Unha forza descoñecida leva a un home a embarcar nunha expedición ao extraordinario Ártico. No seu afán de "medir o norte" empregará un peculiar conxunto de ferramentas de medición, que o axudarán a entender o lugar e a súa forza. Quizais, nos seus confíns, atopará as respostas que busca. Entre a aventura introspectiva e a poética do absurdo.

Estrea en Galicia

Lori

Abinash Bikram Shah | 2022 | 14:00 | Nepal, Hong Kong | FIC | COR

Unha nai cántalle arrolos á súa filla de 12 anos para consolala. Mais, cando os arrolos terminan e a filla recupera a calma, a realidade resulta ser moito máis sombría e drástica.

Duración: 
72 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 3 Outubro, 2022
20:30
Teatro Principal