RADAR 2

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

 

MOT KHU DAT TOT

TERRA BENDITA

Pham Ngoc Lan | 2019 | 18:32 | Vietnam | FIC | B&N

Una muller maior e o seu fillo visitan a tumba do seu último esposo, situada nun antigo pobo pesqueiro ao que ela levaba décadas sen ir. No cemiterio, nas dunas de area, deambulan durante un rato sen atopar a lápida. Estará erosionada a súa memoria, ou estará a lápida oculta por algures entre a herba verde do novo campo de golf?

Estrea en Galicia

 

27 THOUGHTS ABOUT MY FATHER

27 PENSAMENTOS SOBRE O MEU PAI

Mike Hoolboom | 2019 | 25:00 | Canadá | EXP, DOC | COR, B&N

Nunha serie de 27 viñetas, o artista preséntanos lembranzas do seu pai, que morreu en xuño do 2017. Usando unha mestura de vídeos da familia (incluídas dúas mudanzas catastróficas, a última a unha residencia de anciáns), fotografías e vídeos atopados, emerxe un retrato dun pai fantasma xenial, atormentado por unha guerra que enviou ó seu propio pai a un campo de concentración, o cal finalmente impulsou a súa propia mudanza ó Canadá, onde se criou Mike Hoolboom.

 

MARÉE

MAREA

Manon Coubia | 2019 | 32:00 | Bélxica, Francia | FIC | COR

De noite. Nunhas pistas de esquí desertas, o paseo nocturno das máquinas pisaneve está a punto de comezar. Antoine, de 25 anos, únese ao seu equipo. Na metade do mundo, comeza o hipnótico ballet das máquinas que dan forma inesgotablemente á paisaxe. De súpeto, a montaña ruxe. Detido na noite, Antoine inicia unha viaxe por un lugar que engloba os mitos dunha montaña tan temida como venerada.

Estrea en España

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Luns, 30 Setembro, 2019
20:15
Teatro Principal