RADAR 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

RADAR 1 

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Naya

Sebastian Mulder | 2021 | 24:25 | Países Baixos | DOC | COR, B&N

Unha loba que camiña de Alemaña a Bélxica é monitorizada por GPS. É a primeira que entra en Bélxica en máis dun século: aparece nas cabeceiras de todos os xornais, e, logo de chegar, desaparece. Este collage voyeurista de metraxe atopada, recollido de cámaras de seguridade e metraxe documental, explora e cuestiona a relación entre o ser humano e o senlleiro animal salvaxe.

Estrea en Galicia

Subtotais

Mohammadreza Farzad | 2022 | 15:00 | Polonia, Alemaña, Irán | DOC | COR

Leva vostede un rexistro das súas canas? Do número de casas que tivo ou alugado? Do número de bicos que intercambiou? Do número de veces que voou en soños? É posible que o fixese. Dá igual, é irrelevante se viviu unha vida máis alá dos números.

Amor e vinganza

Anhar Salem | 2022 | 30:00 | Francia, Arabia Saudí | EXP, DOC | COR

Unha adolescente intenta escapar da súa realidade empregando un filtro de Instagram tras volver tarde a casa. O desexo de ser libre existindo só coma unha imaxe derrúbase cando perde o control do seu avatar. Desde a distancia cinematográfica, Anhar Salem roda a dúas rapazas que actúan coma versións ficticias delas mesmas, explorando o seu espazo entre a vida privada e a pública que hai en Arabia Saudita.

Estrea en España

Duración: 
69 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 2 Outubro, 2022
17:30
Teatro Principal