RADAR 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUITO 2021

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Forever

Mitch McGlocklin | 2020 | 07:23 | EEUU | ANI, EXP | COR

Unha compañía de seguros de vida utiliza un algoritmo de IA para determinar a idoneidade dun novo cliente. Ao ver denegada a súa solicitude, o individuo en cuestión atravesa un período de introspección.

Son of Sodom

Theo Montoya | 2020 | 15:00 | Colombia, Argentina | FIC | COR

En agosto de 2017 escollín a Camilo Najar, coñecido en redes sociais como Son of Sodom, para ser o protagonista da miña primeira película de ficción. O casting xirou ao redor da morte, o non-futuro e a súa sexualidade. Unha semana despois, Camilo morreu aos seus 21 anos dunha sobredose de heroína. Quen foi Son of Sodom?

Gramercy

Pat Heywood, Jamil McGinnis | 2020 | 22:43 | FIC | COR, B&N

Shaq, un rapaz que loita contra a depresión, regresa á súa cidade natal de Nova Jersey, onde a súa exploración da dor e mais da irmandade se transforma na imaxinación dunha vida interior.

Sol de Campinas

Jessica Sarah Rinland | 2021 | 26:00 | EXP, DOC | COR

Sol de Campinas amosa o traballo dos arqueólogos que durante os últimos dez anos escavaron un anel de montículos que rodea unha praza central dentro do territorio coñecido actualmente como o estado de Acre (Brasil). Pasan do campo ao laboratorio e interpretan como se construíu o terreo, que pautas se empregaron no uso do solo dos asentamentos e a composición da terra antropoxénica que queda.

Duración: 
71 MIN
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS CURTOCIRCUÍTO

  • EN LIÑA: NESTA WEB DESDE O VENRES 24 DE SETEMBRO_11.00 H

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Domingos de 11.00 a 14.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

  • Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: durante a celebración do festival (do 2 ao 10 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

  • Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala, desde o luns 4 de outubro. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 3 Outubro, 2021
18:00
Teatro Principal