Cineuropa programa outra oportunidade para achegarse e conversar con algúns dos protagonistas do mundo do cinema. Nesta ocasión, serán diferentes responsables de mostras de cinema de Galicia os que analizarán na mesa Proxecta: Boom ou burbulla o xurdimento de numerosas iniciativas neste campo.
Na mesa na que participarán a directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), Ana Estévez; o subdirector do FIC Bueu, Severiano Casalderrey; e o director do Auditorio de Galicia, Xaquín López.