SECCIÓN O PRESENTE É MULLER
Dirección: Laura Bari
Canadá, Arxentina / 2017 / Longametraxe / Ficción / Castelán
Ficha artística
Rocío Álvarez, Aldana Camila Bari Gonzalez.
Ficha técnica
Guión: Laura Bari.
Fotografía: Laura Bari.
Música: Florencia di Concillio, Marco Liy, Juan Pablo Fernandez.
Produción: Andreas Mendritzki.
Sinopse
Primas é un retrato evocador de dúas curmás adolescentes arxentinas, Rocío e Aldana, que tras sufrir abominables actos de violencia que interromperon as súas infancias, logran liberarse dos afogos do pasado. Nas súas viaxes por Arxentina e Montreal, as rapazas alcanzan a madurez tendo experiencias reveladoras nas súas vidas cotiás; aprendendo danza, mimo, teatro, circo e artes visuais. Rocío e Aldana expresan a través dos seus corpos o que só as súas singulares perspectivas e unha inquebrantable capacidade de resiliencia poden revelar.
Premios
- Premio do público no Mar del Plata Film Festival 2017.
- Premio do xurado no CineLatino Rencontres de Toulouse.
- Premio do xurado no !F Istanbul Independent Film Festival.
- Gran premio do xurado no DOXA de Canadá.