No marco da programación de Compostela Ilustrada edición verán, Luis Ruiz Padrón presentará os seus libros na Libraría Couceiro.
Luís Ruiz Padrón é doutor en Arquitectura, colabora semanalmente cos xornais La Opinión de Málaga e Diario SUR; neste último está a cargo da
contraportada dos domingos, a cal ocupa cunha crónica debuxada e escrita da cidade. É presidente da Asociación Cultural Malagráfica, organizadora dos encontros de debuxo do mesmo nome.