PREMIO CINEUROPA A ISAKI LACUESTA

DATOS BÁSICOS

Cerimonia e entrega do Premio Cineuropa a Isaki Lacuesta

O recoñecido director de cinema Isaki Lacuesta regresa a Cineuropa como laureado para presentar e compartir co público do festival 'Entre dos aguas', Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián 2018.

 

Entre dos aguas

Dirección: Isaki Lacuesta

España / 2018 / Longametraxe / Ficción / Castelán

Ficha artística

Israel Gómez Romero, Francisco José Gómez Romero, Rocío Rendón, Yolanda Carmona, Daniela, Erika y Manuela Gómez Rendón, Lorrein Galea y Manuel González del Tanago.

Ficha técnica

Guión: Isa Campo, Isaki Lacuesta, Fran Araújo.
Fotografía: Diego Dussuel.
Música: Raül Refree, Kiko Veneno.
Produción: La Termita Films / B-Team Pictures / All Go Movies / Mallerich Films Paco Poch / Bord Cadre Films / Studio Indie Productions.

Sinopse

Isra e Cheíto son dous irmáns xitanos: Isra está na cadea por narcotráfico e Cheíto enrolado na Mariña. Cando Isra sae do cárcere e Cheíto remata unha longa misión que o levou a Somalia e as Seychelles, ambos os dous regresan á Illa de San Fernando. O reencontro dos irmáns renovará a lembranza da morte violenta do seu pai cando eran nenos. Pasaron doce anos desde La leyenda del tiempo, a primeira película de Isaki cos irmáns Isra e Cheíto. Agora Isra ten 26 anos e regresa á Illa de San Fernando para intentar recuperar a súa muller e as súas tres fillas. Pero será posible para Isra sobrevivir de forma legal no lugar con máis paro de España?

Premios

  • Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián 2018.
Duración: 
135 minutos (filme)
Información da billeteira: 

Entrada de balde previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 días antes do evento

Horario billeteira de 15.30 a 22.00 H

Funcións: 
Xoves, 8 Novembro, 2018
20:15
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural