PREMIO CINEUROPA A ENMA SUÁREZ

DATOS BÁSICOS

Premio Cineuropa 2019

Emma Suárez

Unha viaxe pola biografía de Emma Suárez supón ao mesmo tempo unha extraordinaria viaxe pola historia do recente cinema español. Dende o seu debut aos 14 anos interpretando á protagonista de Memorias de Leticia Valle, a actriz xa non deixou de traballar ata aos nosos días. O IMDB arroxa unha cifra de 94 títulos, pero o importante é cando repasamos en detalle eses filmes e dende cedo atopamos películas como 1919, crónica del Alba, de Antonio Betancor, Sesión continua, de José Luis Garci, Tata mía, de José Luis Borau, ou Luna negra, de Imanol Uribe.

A primeira parada desta viaxe ten que ser Vacas, o comezo dunha longa e proveitosa colaboración con Julio Medem, que se estenderá a La ardilla roja e Tierra, formando unha triloxía impagable que segue a figurar como o mellor do realizador vasco. Estes traballos colocaron a Emma como centro de atención de crítica e público grazas a unha mestura de naturalidade e de interpretación de raza que a levou cara ao seu primeiro Goya como protagonista de El perro del hortelano, de Pilar Miró. A partir de aí segue a traballar con directores como Sergio Cabrera, Mario Camus ou Manuel Gutiérrez Aragón e consegue dúas novas candidaturas aos Goya como protagonista de El perro del hortelano, de Pilar Miró. A partir de aí, segue a traballar con directores como Sergio Cabrera, Mario Camus ou Manuel Gutiérrez Aragón e consegue dúas novas candidaturas aos Goya por Bajo las estrellas, de Félix Viscarret, e La mosquitera, de Agustí Vila.

Se damos un pequeno salto ao ano 2016, atopamos dous filmes extraordinarios: Julieta, de Pedro Almodóvar, e La propera pell, de Isaki Lacuesta, un fito na historia do noso cinema e na da propia Emma Suárez ao ser galardoada co Goya a mellor actriz protagonista e de reparto. De todos os xeitos, o verdadeiramente importante é a visión de conxunto e que Emma Suárez segue a encadear proxectos no cinema e na televisión con papeis a cada cal máis poderoso: Las furias, 70 Bin Ladens, Criminal Néboa... Premiar a Emma Suárez é premiar ao cinema mesmo, xa que Emma Suárez é o cinema.

 

Despois da entrega do premio o público asistente poderá ver o fllme 'Vacas' de Julio Medem

VACAS (1992)

Julio Medem

España / 96 min. / Drama, romance / Castelán

 

Ficha artística:

Carmelo Gómez, Emma Suárez, Ana Torrent, Karra Elejalde, Miguel Ángel García, Pilar Bardem, Klara Badiola, Kandido Uranga, Txema Blasco

 

Ficha técnica:

Guión: Julio Medem, Michel Gaztambide

Música: Alberto Iglesias

Fotografía: Carles Gusi

 

Sinopse:

Vacas retrata a inimizade histórica entre dúas familias dun pequeno val guipuscoano que manteñen relacións tortuosas, marcadas pola violencia e as paixóns, ao longo de tres xeracións; tres xeracións de homes e tamén tres xeracións de vacas. A historia comeza en 1875, durante a Guerra Carlista, e vai ata o inicio da Guerra Civil en 1936.

 

1992: premio Gold Award no Festival de Toquio

Información da billeteira: 

De balde previa retirada de convite

A retirada de convites farase no despacho de billetes do Teatro Principal desde dous días antes de cada evento e no da sala correspondente desde unha hora e media antes do incio do mesmo

Funcións: 
Xoves, 28 Novembro, 2019
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural