PREMIO CINEUROPA A ANTONIO DURÁN 'MORRIS'

DATOS BÁSICOS

Clausura e Premio Cineuropa a Antonio Durán 'Morris'

Non hai mellor peche para Cineuropa 2018 que a entrega do Premio a Antonio Durán 'Morris', actor coñecido, recoñecido e querido polo público do teatro e o cinema.

Será unha vez finalizada a entrega do premio cando podamos ver a longametraxe 'Kursk' de Thomas Vinterberg.

 

 

Kursk

Dirección: Thomas Vinterberg

Francia, Bélxica, Luxemburgo  /  2018  / Longametraxe  / Ficción  / Inglés

Ficha artística

Matthias Schoenaerts, Léa Seydoux, Colin Firth, Max von Sydow, Michael Nyqvist, Peter Simonischek, Martin Brambach.

Ficha técnica

Guión: Robert Rodat.
Fotografía: Anthony Dod Mantle.
Música: Alexandre Desplat.
Produción: Europa Corp / Belga Productions / VIA EST.

Sinopse

Agosto de 2000. O submarino nuclear da armada rusa K-141 naufraga durante un exercicio en augas do mar de Barents. Un desastre ao que lle segue unha marcada neglixencia gobernamental internacional que ten a todo o mundo expectante. Mentres os mariñeiros loitan por sobrevivir atrapados dentro do submarino, as súas familias enfróntanse desesperadamente contra os obstáculos políticos e as escasas probabilidades de rescatalos.

 

Duración: 
117 minutos (filme)
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 días antes do evento

Horario billeteira: 15.30 a 22.00 H

Funcións: 
Mércores, 28 Novembro, 2018
20:30
Teatro Principal