Cerimonia e entrega do premio Cineuropa a Ángela Molina
Ángela Molina achégase ao Teatro Principal para recibir o aplauso dun público que xeración tras xeración avala a súa incuestionable traxectoria; e con ela poderemos compartir de novo o gozo en pantalla grande de 'Ese escuro obxecto do desexo', o filme na que a tiña dirixido Luis Buñuel.
Ese escuro obxecto do desexo
Dirección: Luis Buñuel
Francia,España / 1977 / Longametraxe / Ficción / Francés,Castelán
Ficha artística
Fernando Rey, Ángela Molina, Carole Bouquet, Julien Bertheau, André Weber, Milena Vukotic, María Asquerino, Ellen Bahl, Valérie Blanco.
Ficha técnica
Guión: Luis Buñuel, Jean-Claude Carrière (Novela: Pierre Louÿs).
Fotografía: Edmond Richard.
Música: Richard Wagner.
Produción: Les Films Galaxie / Incine / Greenwich Film Productions.
Sinopse
Durante unha viaxe en tren de Sevilla a Madrid, o maduro cabaleiro Mathieu conta aos seus compañeiros de vagón a historia dos seus infortunios amorosos coa bailarina Conchita. A partir do seu primeiro encontro en París, Conchita xoga coa obsesión de Mathieu, facéndoo pasar continuamente do desexo á frustración e do amor ao odio máis furibundo.