#POSFUNCION: IDIOTA

DATOS BÁSICOS

'Idiota' é un xogo negro, divertido e cheo de suspense que levará ao protagonista ao límite da súa paciencia e razón, vencellado ao espectáculo e dentro das actividades do Club C! teremos unha nova  #POSFUNCION ao remate da representación do 7 de marzo, o público asistente poderá quedar no teatro para escoitar e charlar cas e cos convidados e co elenco.

O espectáculo teatral 'Idiota', pode verse no Teatro Principal os días 6 (estrea), 7 e 8 de marzo. Máis información e venta de entradas aquí

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Na #POSFUNCION os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Información da billeteira: 

#posfuncion para o público asistente á representación do día 7 de marzo

Funcións: 
Xoves, 7 Marzo, 2019
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural