#POSFUNCION: CARPE DIEM

DATOS BÁSICOS

Produccións Teatrais Excéntricas celebra o 15 aniversario da compañía con 'Carpe diem' unha atrevida tentativa de converter en teatro un dos máis excitantes contos de Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003. A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñécense nunha previsible festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema.

#POSFUNCION ao remate da función o 28 de febreiro o público asistente poderá quedar no teatro para escoitar e charlar cas e cos convidados e co elenco.

O espectáculo teatral 'Carpe Diem', pode verse no Teatro Principal os días 27 (estrea), 28 de febreiro e 1 de marzo. Máis información e venta de entradas aqui

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Na #POSFUNCION os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

 

Entradas: 

#posfuncion para o público asistente á representación do día 28 de febreiro

Funcións: 
Xoves, 28 Febreiro, 2019
Teatro Principal