ALMA (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
___
Club C!
Afonda na experiencia cultural de Compostela
De que se trata
O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.
Na #POSFUNCION os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.