'A POESÍA DÁ A NOTA': PROJECTO MOURENTE E RODRIGO CUEVAS NO RESPIRA!

DATOS BÁSICOS

CANCELADO!

Debido a causas sanitarias alleas á organización, o evento de hoxe foi cancelado. En principio, adiarase ata a seguinte edición do festival.

'A poesía dá a nota' é o título do recital que este ano clausurará o martes 21 de decembro no Teatro Principal de Compostela o festival Alguén que respira! 2021. Nesta edición, que se celebrou en catro xornadas desde o 21 de marzo, o respira! organizou un peche festivo con dous artistas de grande forza musical, o galego Projecto Mourente e o asturiano Rodrigo Cuevas, un dos artistas máis carismáticos dos xurdidos nos últimos anos en España. Ambos farán, respectivamente, un particular percorrido pola poesía galega e a asturiana. Será unha descarga de alegría común en medio desta crise individualista na que nos demerxeu a pandemia.

O festival Alguén que respira! pecha o martes 21 de decembro a súa edición máis longa cun programa de clara orientación festiva, 'A poesía dá a nota'. Baixo este título agáchase unha das propostas máis singulares da cuarta edición do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas e o galego Projecto Mourente serán os protagonistas do recital, producido polo propio respira! como medio de achegar mediante a linguaxe universal da música a poesía de Asturias e de Galicia. Proxecto Mourente [alcume baixo que traballa Carlos Valcárcel] preparou unha sesión de vinte minutos de duración na que interpretará composicións inéditas sobre textos de Francisco Cortegoso, Ana Romaní, Lois Pereiro, Lorena Souto ou Carlos Callón. O artista, unha das estrelas do pop electrónico galego, publicou tres discos, entre eles o lendario Baixo os eucaliptus. A súa actuación no respira! é, en certo modo, un reencontro co público en directo, do que leva xa afastado varias temporadas. Rodrigo Cuevas [Ovieu, 1985] é un fenómeno da escena que se autodefine como “axitador folclórico”. Para o festival preparou un programa especial baseado na poesía asturiana, tanto na popular como na de autor. Será unha ocasión única de velo e escoitado nun espazo emblemático como o Teatro Principal en plena efervescencia do seu último traballo discográfico, Manual de cortejo, que o convertiu para moitos medios no mellor artista do ano.

A poesía dá a nota é unha forma festiva de acabar a edición do festival pero tamén unha oportunidade de celebrar a alegría común da poesía nun momento en que semellamos todos demerxidos na crise de individualismo creada pola pandemia. Por suposto, a organización do festival manterá de maneira estrita os protocolos anti-covid.

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.

Entradas: 

RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: DÍA DO EVENTO_21 DE DECEMBRO_11.00 H

MÁXIMO 2 POR PERSOA

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 21 Decembro, 2021
20:30
Teatro Principal