#POÑER O CORPO: ELAS TAMÉN BAILAN

DATOS BÁSICOS

Elas tamén bailan é un obradoiro de danza urbana con perspectiva de xénero. Actividade impartida polas compoñentes da compañía Elahood en relación ao espectáculo 'La soledad de Wally', cun primeiro repaso sobre a orixe do mesmo e a danza urbana dende a perspectiva das mulleres creadoras.

Xoves 25 de abril

de 17.30 a 20.30 h

Público ao que se dirixe: Público mozo, especialmente enfocado a adolescentes e alumnado das escolas de danza.

Número de persoas: 30 persoas

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farae por estrito orde de chegada de solicitude

O espectáculo teatral 'La soledad de Wally', pode verse no Teatro Principal o 26 de abril ás 20.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas #POÑER O CORPO son actividades arredor da programación de danza e artes do movemento.

 

Entradas: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Funcións: 
Xoves, 25 Abril, 2019
17:30 a 20:30
Centro Xove da Almáciga