#POÑER O CORPO: ALMA (NON É HIPPIE)

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

ALMA (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

#POÑER O CORPO. Corpo consciente. Taller de empoderamento a través de técnicas circenses.

Enfocado a público xeral sen necesidade de coñecementos previos en técnicas do novo circo, Corpo consciente é un espazo de xogo e experimentación arredor do concepto de empoderamento, co corpo e o movemento como motores. Impartido polo reparto do espectáculo.

O Colectivo Verticalia (Cías Duelirium & trasPediante) achégannos a súa  peza, A L M A (non é hippie), a través dunha práctica de atención,  escoita e sensibilidade corporal e espacial.

Coa experimentación de diversos exercicios investigados durante o  proceso creativo do espectáculo, adentrarannos na construción dun  xineceo particular que nos achegará a compartir unha linguaxe propia,  secreta.

Dinámicas de danza contemporánea e acrobacia de grupo revelarán a forza  do preciso e sutil, do risco e dos coidados. Unha relación de escoita  interna e externa, do individual e do grupal, do aquí e agora.

A sesión cunha duración de 3 horas distribuirase en tres bloques de experimentación:

-Exercicios sensoriais do interno-externo, da presencia e atención, actualización do que pasa, o espacio, @s outr@s e o agora.

-Exercicios acrobáticos de confianza, do coidado do grupo, do respirar xunt@s.

-Fíos conectores, traballo con cordas e a relación que se establece para co espacio e @s outr@s.

Sala Mozart (Auditorio de Galicia)

Espectáculo vencellado: Alma (non é hippie) PISTA4 / DUELIRIUM / TRASPEDIANTE

Público ao que se dirixe: Público adulto.

Número de persoas: 30.

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas #POÑER O CORPO son actividades arredor da programación de danza e artes do movemento.

Duración: 
3 h
Entradas: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Funcións: 
Xoves, 2 Maio, 2019
18:00 a 21:00
Auditorio de Galicia