PLAYLIST 4 - THE LOST RECORD

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PLAYLIST 4

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

O disco perdido

Ian F Svenonius & Alexandra Cabral | 2021 | 1:16:23 | EEUU | DOC | COR

O disco perdido é unha película sobre a relación dunha moza cun disco que atopa: un disco perdido sen valor que compra a saldo e logo comparte primeiro cos seus amigos e logo coa cultura das masas. O disco perdido que atopa é escuro, descoñecido e diferente dos demais discos no sentido no que fala co oínte. A moza e o disco establecen unha relación moi estreita, mais xorden tensións. O disco ínstalle a que o comparta cos seus amigos, que o reproduza nas festas etc., mentres que a moza prefire manter a súa relación na intimidade. O disco perdido é unha película sobre a arte, a música, o fetiche, a creación, a popularidade, a fama, o amor, o valor, o diñeiro, a propiedade e os discos.

Duración: 
76 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 7 Outubro, 2022
20:30
Teatro Principal