PLANETA GZ 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PLANETA GZ 1

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

Rompente

Eloy Domínguez Serén | 2022 | 26:00 | España | FIC | COR

Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. Polo día traballa nas bateas. Pola noite é mariscador furtivo. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos; Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.

Así chegará a noite

Angel Santos Touza | 2021 | 13:20 | España | FIC | COR

Á noitiña, Andrea grava unha mensaxe para Pablo, a quen non ve dende vai meses, a xeito de carta longa ou micronovela do século XXI.

Tatuado no ollos levamos o pouso

Diana Toucedo | 2022 | 26:00 | España | DOC, EXP | COR

As mariscadoras dunha pequena vila no sur de Galicia esfórzanse, cada día de marea, por sementar, cavar e coidar o límite entre a area e a auga do mar. A conciencia colectiva e os afectos emerxen, en simbiose, dos seus corpos, xestos e palabras.

Videogramas #4

Jaione Camborda | 2022 | 01:39 | España | EXP | COR

Proposta da cineasta para “Videogramas’. A propósito de Compostela”, iniciativa de NUMAX ao abeiro do Fondo Xacobeo 21 da Xunta de Galicia.

Duración: 
67 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 3 Outubro, 2022
22:00
Teatro Principal