PETITE SOLANGE (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Axelle Ropert

Francia / 86 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Jade Springer, Léa Drucker, Philippe Katerine, Grégoire Montana

Ficha técnica

Guión: Axelle Ropert

Fotografía: Sébastien Buchmann

Edición: Héloïse Pelloquet

Produción: Katia Khazak, Charlotte Vincent

Solange é unha nena de 13 anos corrente, curiosa e chea de vida, con quizais a peculiaridade de ser demasiado sentimental e adorar aos seus pais. Pero cando estes comezan a discutir, pelexarse e, aos poucos, afastarse, chega a ameaza de divorcio e o seu mundo vai esmorecendo. Para manter unida á súa familia, loita, rebélase e sofre desexando o imposible: que o amor non acabe nunca.

Axelle Ropert

(París, Francia, 1972)

Co-redactora xefe da revista La Lettre du Cinema. Colabora en varios guións dos filmes de Serge Bozon nos que tamén actúa. En 2005 dirixe a súa primeira curta, Étoile Violette, presente en festivais como o Indie Lisboa ou o Festival de Novos Cinemas de Montreal. A súa ópera prima, La Famille Wolberg, foi estreada na Quincena de Realizadores de Cannes.

Duración: 
86 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 19 Novembro, 2021
18:00
Salón Teatro
Domingo, 21 Novembro, 2021
16:00
Teatro Principal