PETER TSCHERKASSKY 2

DATOS BÁSICOS

Esta sección pretende recoller e loar a obra de cineastas consolidados que sexan un referente para as cinematografías menos ortodoxas. Un lugar para aqueles que abriron ou abren camiños na linguaxe fílmica.

 

FREEZE FRAME

Peter Tscherkassky | 1983 | 09:38 | Austria | DOC | COL

Máis alá do pracer de observar está o pracer de entender, un entendemento non dirixido que é capaz de descubrir, trala redundancia da información visual, a súa propia forma de observar. A idea da “imaxe conxelada” (Freeze Frame) tomada en serio.

 

PARALLEL SPACE: INTER-VIEW

Peter Tscherkassky | 1992 | 18:20 | Austria | EXP | B&W

Parallel Space: Inter-View é unha obra mestra completamente singular. É unha película sobre a memoria, a forma en que as imaxes se unen, as perspectivas se disolven e os acontecementos se esborrallan, unicamente para ser montados nun contexto totalmente novo. É unha película sobre as películas, os vídeos, os ordenadores, os homes, as mulleres, os nenos, o sexo, o desexo e a claridade. Sentes de que trata case directamente, sen pensalo. (Olaf Möller)

 

HAPPY-END

Peter Tscherkassky | 1996 | 10:56 | Austria | DOC | COL

Un vídeo atopado sobre rituais orais, momentos de celebración e sobre un matrimonio que comprendeu como enriquecer e dar vida a súa íntima unión. Vemos a parella servíndose bebidas, cortando tartas, brindando... (Bert Rebhandl)

 

SHOT-COUNTERSHOT

Peter Tscherkassky | 1987 | 00:22 | Austria | EXP | B&W

Non unha dirección escénica, senón máis ben algo moi concreto está oculto detrás do termo técnico. Un cine que responde a un anhelo por un tratamento intelixente e alegre do xénero da curtametraxe. (Marli Feldvoss)

 

COMING ATTRACTIONS

Peter Tscherkassky | 2010 | 25:00 | Austria | DOC | B&W

Unha imaxe negativa dos ollos dun home no espello retrovisor dun coche. O contraplano amosa a unha muller sorrindo, e as súas expresións faciais pouco ambiguas fan que a nosa atención se centre na imaxe que hai a man esquerda, onde clips de vídeo toman forma nunha pantalla dividida escintilante. Ambas amosan modelos, vasos e varios tipos de vehículos. O título fai referencia tanto á natureza dos vídeos publicitarios como ás primeiras películas de cine: “o cine das atraccións”. (Christoph Huber)

 

INSTRUCTIONS FOR A LIGHT AND SOUND MACHINE

Peter Tscherkassky | 2005 | 17:00 | Austria | EXP | B&W

Tscherkassky dedica a súa atención a motivos centrais do clásico de Sergio Leone O bo, o feo e o malo, facendo fincapé na personaxe de Eli Wallach camiñando aos tombos por un vasto cemiterio, e na cabeza do antiheroe mentres este está colgado no patíbulo. Tscherkassky intercala esta última imaxe coa do encargado da conta atrás, retrasando ironicamente a bala salvadora disparada por Clint Eastwood. Pola presente, a propia película rómpese e de súpeto pasa a verse un branco puro e mudo. So por medio dos seus defectos é feito tanxible o medio do cine. Os defectos no sistema superan e pasan por riba da narrativa, fan triscos da ilusión e permiten que xorda unha nova historia profusamente ambigua. (Stefan Grissemann)

Duración: 
80
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 4 Outubro, 2019
18:30
Teatro Principal