PERENCONTRO. ALEJANDRA POMBO

DATOS BÁSICOS

Perencontro (a través do encontro) é un concepto polo cal Alejandra denomina o evento estético como un modo de encontro que non se trata de enfrontamento nin de intercambio, disolución, transmisión, contacto ou identificación, senón que trátase dun modo de encontro que cree vínculo como espazo fenomenolóxico que implica un “entre”. Un “entre” que deixa en suspenso as diferencias, para crear unha forma que aínda que podemos recoñecer como parte das cousas que se encontran, é ao mesmo tempo algo novo e descoñecido. Alejandra poñerá as condicións para dar lugar ao Perencontro con dous artistas invitados para a ocasión deste proxecto: Mårten Spångberg e Josu Bilbao.

Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, A Coruña,  1979). Doutora en belas artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O o seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver.

Proxectos artísticos destacados nos que colaborou ou ten participado: o proxecto Mugatxoan realizando diferentes talleres e residencias artísticas na Laboral, Fundaçao Serralves e Arteleku, o Primeiro Proforma 2010 no MUSAC cos artistas Txomin Badiola, Sergio Prego e J. Mikel Euba e en diferentes proxectos coas artistas María Jerez, Loreto Martínez Troncoso (Las Invictas),  e os coreógrafos Mårten Spångberg  e Juan Domínguez.

Outras residencias que lle foron concedidas: I-Park Foundation (Conneticut), Atlantic Center for the Arts (Florida), PACT-Zollverein (Essen), Space Programme (Celbridge), DOCH (Estocolmo), La Casa Encendida (Madrid), o CA2M (Madrid), Matadero (Madrid), MAC (A Coruña), La Caldera (Barcelona) e en L’Estruch (Sabadell). As súas obras foron presentadas en diferentes festivais, museos e centros de arte, destacando Tabakalera de San Sebastián, Festival Loop, MARCO de Vigo, Aesthetica Short Filme Festival, Festival In-presentable, Pact Zollverein, Arteleku, Fundaçao Serralves, A Laboral de Xixón, CCCB, Matadero Madrid, Festival Cineuropa, a Casa Acesa e o Festival Escenas do Cambio. A súa máis recente presentación pública foi a exposición Miradas IV no Centro Torrente Ballester, onde expón un traballo escultórico en conexión coa súa última película Wild Palms (www.vampirillasilvestre.net)

Josu Bilbao (Bermeo, 1978). En 2011 licenciouse en belas artes na UPV/EHU e posteriormente estudou un máster de lingüística e filoloxía vasca na UPV/EHU. Participou en exposicións como El Contrato de Bulegoa z/b na Alhóndiga Bilbao, First Thought Best en Artium, Aijjé na Sala Rekalde e como alumno do programa Erasmus na exposición Mode Macht Schule na Haus der Kulturen der Welt de Berlín. Recentemente expuxo de maneira individual na galería Carreras Mugica. Participou no 2010 da corentena Primer Proforma 2010 cos artistas Txomin Badiola, Jon Mikel Euba e Sergio Prego no MUSAC de León. Fóronlle concedidas residencias como a de Halfhause no 2016 e bolsas como a de Bilbao Arte no 2014 e a Fundación Botín no 2016.

Mårten Spångberg (Estocolmo, 1968) é un coreógrafo que vive e traballa en Bruxelas e Estocolmo. O seu traballo sitúase na danza entendida nun sentido expandido do campo, algo que desenvolve a través dunha práctica experimental nunha multiplicidade de formatos e expresións. Estivo activo no escenario como intérprete e creador desde 1994, e desde 1999 estivo creando as súas propias coreografías, desde sós ata obras de maior escala, que realizaron xiras internacionais. Baixo o selo International Festival, Spångberg colaborou co arquitecto Tor Lindstrand realizando proxectos en relación á coreografía e o campo do social. Desde 1996 ata 2005 organizou e comisariou festivais en Suecia e internacionalmente, e en 2006 iniciou a organización das redes INPEX. De 2008 a 2012 dirixiu o programa do máster de coreografía na Universidade de Danza de Estocolmo. Mårten Spångberg é profesor de dramaturxia e coreografía na Academia Nacional de Artes de Oslo e noutros lugares como PARTS, Ex.e.r.ce ou ImpulsTanz en Viena. Tamén é artista asociado no teatro Black Box Oslo, 2017-2018. En 2011 foi publicado o seu primeiro libro, Spangbergianism. Os seus traballos máis recentes A Substance, but in English, The Internet, Natten e Gerhard Richter, une pièce pour le théâtre gañaron un amplo recoñecemento internacional (http://martenspangberg.se/)

Información da billeteira: 

Entrada gratuíta

HORARIO: de 16.00 a 20.00 h

Luns pechado

Funcións: 
Mércores, 16 Xaneiro, 2019 a Domingo, 10 Marzo, 2019
Zona "C"

UBICACIÓN

Zona C