PERECONTRO. ALEJANDRA POMBO

DATOS BÁSICOS

Alejandra Pombo experimenta no seu traballo artístico coa ‘presenza’ que relaciona coa presenza animal, entendida como total, plena, que non finxe, como pura apertura do tempo presente.

Perencontro (a través do encontro) consistirá en traballar sobre esta temática da presenza animal; un evento estético a modo de encontro e intercambio, de transmisión e de contacto, de xeito que o decisivo non estea nas cousas que se relacionan senón na relación propiamente dita. Alejandra xera esta relación na distancia con tres artistas: María Xerez, Mårten Spångberg e Josu Bilbao. Una elección que ten que ver cunha forma de entendemento común para poder traballar desde a confianza mutua. A medida que vaian sucedendo os encontros iranse sumando no espazo as intervencións (formas) que eses encontros xeren (capas). A proposta inicial, de carácter escultórico, será de Josu Bilbao; a de María Xerez consistirá na activación performativa e Mårten Spångberg realizará un filme.

Un evento estético entendido pola artista como un modo de encontro que non aspira á idea romántica de fusión senón a crear un vínculo. O vínculo implica transformación, mentres que na conexión pásase dunha a outra cousa pero nada se transforma. É por isto que cando falamos de desexo na arte no pretende anularse na satisfacción, senón despregarse no vínculo.

VINCULO AB (AB) BA

CONEXIÓN A↦B

Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, A Coruña,  1979). Doutora en belas artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O o seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver. Proxectos artísticos destacados nos que colaborou ou ten participado: o proxecto Mugatxoan realizando diferentes talleres e residencias artísticas na Laboral, Fundaçao Serralves e Arteleku, o Primeiro Proforma 2010 no MUSAC cos artistas Txomin Badiola, Sergio Prego e J. Mikel Euba e en diferentes proxectos coas artistas María Xerez (What is Third, The Notebook Without Content), Loreto Martínez Troncoso (Porque eu son ti porque ti es eu porque somos outros), Joan Jonas (Reading Dante), Hannah Hurtzig (Copycat Academy, Black) e os coreógrafos Mårten Spångberg (INPEX, It’s a Rainy Day- Summer University PAF) e Juan Domínguez (Dirty Room)

Outras residencias que lle foron concedidas: I-Park Foundation (Conneticut), Atlantic Center for the Arts (Florida), PACT-Zollverein (Essen), Space Programme (Celbridge), DOCH (Estocolmo), La Casa Encendida (Madrid), o CA2M (Madrid), Matadero (Madrid), MAC (A Coruña), La Caldera (Barcelona) e en L’Estruch (Sabadell). As súas obras foron presentadas en diferentes festivais, museos e centros de arte, destacando Tabakalera de San Sebastián, Festival Loop, MARCO de Vigo, Aesthetica Short Filme Festival, Festival In-presentable, Pact Zollverein, Arteleku, Fundaçao Serralves, A Laboral de Xixón, CCCB, Matadero Madrid, Festival Cineuropa, a Casa Acesa e o Festival Escenas do Cambio. A súa máis recente presentación pública foi a exposición Miradas IV no Centro Torrente Ballester, onde expón un traballo escultórico en conexión coa súa última película Wild Palms (www.vampirillasilvestre.net)

Josu Bilbao (Bermeo, 1978). En 2011 licenciouse en belas artes na UPV/EHU e posteriormente estudou un máster de lingüística e filoloxía vasca na UPV/EHU. Participou en exposicións como El Contrato de Bulegoa z/b na Alhóndiga Bilbao, First Thought Best en Artium, Aijjé na Sala Rekalde e como alumno do programa Erasmus na exposición Mode Macht Schule na Haus der Kulturen der Welt de Berlín. Recentemente expuxo de maneira individual na galería Carreras Mugica. Participou no 2010 da corentena Primer Proforma 2010 cos artistas Txomin Badiola, Jon Mikel Euba e Sergio Prego no MUSAC de León. Fóronlle concedidas residencias como a de Halfhause no 2016 e bolsas como a de Bilbao Arte no 2014 e a Fundación Botín no 2016.

Mårten Spångberg (Estocolmo, 1968) é un coreógrafo que vive e traballa en Bruxelas e Estocolmo. O seu traballo sitúase na danza entendida nun sentido expandido do campo, algo que desenvolve a través dunha práctica experimental nunha multiplicidade de formatos e expresións. Estivo activo no escenario como intérprete e creador desde 1994, e desde 1999 estivo creando as súas propias coreografías, desde sós ata obras de maior escala, que realizaron xiras internacionais. Baixo o selo International Festival, Spångberg colaborou co arquitecto Tor Lindstrand realizando proxectos en relación á coreografía e o campo do social. Desde 1996 ata 2005 organizou e comisariou festivais en Suecia e internacionalmente, e en 2006 iniciou a organización das redes INPEX. De 2008 a 2012 dirixiu o programa do máster de coreografía na Universidade de Danza de Estocolmo. Mårten Spångberg é profesor de dramaturxia e coreografía na Academia Nacional de Artes de Oslo e noutros lugares como PARTS, Ex.e.r.ce ou ImpulsTanz en Viena. Tamén é artista asociado no teatro Black Box Oslo, 2017-2018. En 2011 foi publicado o seu primeiro libro, Spangbergianism. Os seus traballos máis recentes A Substance, but in English, The Internet, Natten e Gerhard Richter, une pièce pour le théâtre gañaron un amplo recoñecemento internacional (http://martenspangberg.se/)

Información da billeteira: 

A entrada é gratuíta

 

HORARIO DÍA DA INAUGURACIÓN (16 de xaneiro)

19.30 h

 

HORARIO HABITUAL

De 16.00 a 20.00 h

Luns pechado

 

 

 

 

Funcións: 
Mércores, 16 Xaneiro, 2019 a Domingo, 10 Marzo, 2019
16:00 a 20:00
Zona "C"

UBICACIÓN

Zona C