PENÍNSULAS 4

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PENÍNSULAS 4

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

The Floating World

Fernando Souza, Pablo Curto | 2021 | 14:56 | España | DOC | COR

Ryuki naceu nunha familia rica, pero hai dous anos perdeuno todo. Coma moita xente que non ten onde ir, acaba nun barrio vermello de Tokio. Empeza a traballar nunha casa de citas onde mulleres, principalmente prostitutas, veñen procurar un novo mozo. Convértese rapidamente no candidato número un, mais agarda que o segredo que lle fixo perder todo non estrague isto.

Estrea en Galicia

Calor infinito

Joaquín León | 2021 | 18:00 | España | FIC | COR

Lola é vegana, e Aurelio, cazador. A súa nai finou. O seu cadáver está no fondo do mar, pero eles non o atopan. Terán que concibir un ritual para despedirse dela e poder seguir coas súas vidas. Aínda que xa non se parecen en nada, descobren un forte vínculo que os mantén unidos por riba de calquera xenreira.

Estrea en Galicia

Esterqueira

Ana Pfaff, Jaume Coscollar | 2022 | 15:00 | España | EXP, DOC | COR

En maio de 2021, o artista catalá Perejaume aluga un camión e transporta 30 toneladas de esterco. Amontóao e cóbreo con folla de ouro. Achegar o ouro ao esterco, dourar un esterco. Esta película é unha aproximación persoal, desde a experiencia cinematográfica, a unha obra clave no vasto imaxinario do autor.

Estrea en España

Eu, demo

Balthazar Klarwein | 2021 | 20:00 | España | FIC | COR, B&N

Joey traballa poñendo copas para unha comunidade de hedonistas nun pequeno paraíso mediterráneo. Non ten claro se o comportamento do grupo se debe a que o verán remata, ou se simplemente o que remata son os seus veráns.

Estrea en Galicia

Duración: 
68 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 8 Outubro, 2022
19:00
Teatro Principal