PENÍNSULAS 3

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PENÍNSULAS 3

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

Día na neve

Paolo Natale | 2022 | 10:00 | España | DOC | B&N

Unha viaxe de retorno, un recordo agochado xorde na memoria. Día na neve é unha procura de respostas dentro do fogar. Unha confrontación ao silencio familiar e como este nos configura como persoas.

cousas que non van morrer

Manuela Gutierrez | 2022 | 14:35 | España | DOC | COR

Manuela, logo de atopar uns vídeos que subira a YouTube na infancia, decide seguir o seu propio rastro en internet. Nesta busca redescobre aspectos dela mesma que non recordaba e que lle axudan a comprender a súa identidade actual.

Estrea en Galicia

O Softboy

Laura Tabarés | 2022 | 16:00 | España | EXP | COR

O Softboy é un audiovisual creepypasta que narra o encontro co Softboy, un ser brando e suave. A figura non espectral, non monstruosa pero si aterradora do Softboy serve como arquetipo para desentrañar a masculinidade suave/branda e o seu papel na sofisticación da violencia machista.

Estrea en Galicia

Estudos do pestanexo

Ana Esteve Reig | 2022 | 21:00 | España | EXP | COR

Adentrámonos nunha pantalla de ordenador para descubrir diferentes escenarios virtual que se sitúan principalmente no metaverso (Second Life) e videoxogos mentres escoitamos dúas voces de fondo que nos contan como lidar co malestar de diferentes maneiras, creándose un paralelismo entre a realidade virtual e a meditación como maneiras de lidar con problemas da vida real.

Estrea en Galicia

Duración: 
61 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 7 Outubro, 2022
19:00
Teatro Principal