PENÍNSULAS 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

PENÍNSULAS 2

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

A quimera de Yemaya

Irene Sesé | 2022 | 20:48 | España | EXP, FIC | COR

O sol abrasador pica na cala nudista Waikiki. As condicións físicas nas que observamos os corpos espidos e suados van desde a calor abrasadora ata o plástico barato dunhas lentes de sol, contribuíndo a unha ecuación perceptiva que se achega máis á experiencia mística que ao cru materialismo existencial.

It’s just a burning memory

Mario Alejandro Arias | 2022 | 14:06 | España | FIC | COR

Décadas despois daquel primeiro amor. Décadas despois daquel erro que lle costou todo... o antropólogo recibirá unha carta. Con esta carta, lembranzas enterradas resurxirán. Recordos dun afastado país, de enormes montañas, dela...

Estrea en España

San Simón 62

Irati Gorostidi Agirretxe, Mirari Echávarri López | 2022 | 29:00 | España | DOC | COR

Durante os anos 80, un convento de Lizaso (Navarra) albergou a excéntrica Comunidade do Arco da Vella. As paredes anódinas do edificio foron adornadas con enormes motivos florais e as súas salas acolleron encontros multitudinarios onde se experimentaba con prácticas catárticas de estilo new age. Na actualidade, o edificio está habitado por monxes de clausura e os rastros daquel episodio son case imperceptibles. As autoras de San Simón 62 achéganse ao lugar atraídas polas testemuñas das súas nais que, intentando desprenderse das secuelas do franquismo e facer fronte aos desafíos persoais e políticos desta nova etapa, pasaron pola Comunidade do Arco da Vella.

Estrea en Galicia

A nenas sempre din a verdade

Virginia García del Pino | 2021 | 11:00 | España | EXP | COR

Ano 2030, o vento traerá un futuro imperfecto no que unha gran máquina irradiará poemas para que os homes-paxaro non poidan volver a tocalas xamais. / Unha película de Virginia García del Pino con poemas de Rosa Berbel.

Duración: 
74 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 6 Outubro, 2022
19:00
Teatro Principal