CINEUROPA | CICLO CINEMA E FEMINISMO:
“BEDCHEL EN HOLLYWOOD”
Francis Ford Coppola
Estados Unidos / 103 min. / Romance, fantástico, comedia / Inglés
Ficha artística:
Kathleen Turner, Nicolas Cage, Barry Miller, Helen Hunt, Jim Carrey, Joan Allen, Catherine Hicks, Kevin J. O'Connor, Lisa Jane Persky, Barbara Harris, Don Murray, John Carradine, Maureen O'Sullivan, Leon Ames, Sachi Parker, Sofia Coppola
Ficha técnica:
Guión: Jerry Leichtling, Arlene Sarner
Música: John Barry
Fotografía: Jordan Cronenweth
Sinopse:
Peggy Sue é unha muller de mediana idade que está deprimida pola recente separación do seu marido. Na festa do 25º aniversario da súa graduación escolar xúntase cos seus vellos e vellas compañeiras de estudos, que contan como lles foi na vida. Cando recibe o premio de raíña da festa, Peggy sofre un esvaecemento e misteriosamente esperta no mesmo lugar, pero 25 anos antes. Grazas á experiencia que lle deron os anos, intentará cambiar os erros cometidos.
1986: candidatura á mellor actriz (Kathleen Turner), á fotografía e ao vestiario nos Premios Óscar
1986: candidatura á mellor actriz (Kathleen Turner) nos Premios do Círculo de Críticos de Nova York