#PASEA. ITINERARIO EN FAMILIA POLO MODERNISMO COMPOSTELÁN

DATOS BÁSICOS

Pavillón Lino de Caramuxo Teatro é un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña. Vencellado ao espectáculo teremos actividades do Club C!

PASEA é un itinerario en familia polo modernismo compostelán.. Pasear, falar, compartir… En familia e coñecendo as principais mostras da arquitectura modernista na cidade, un movemento que serve como fío condutor do espectáculo programado para a tarde. Unha itinerario lúdico e participativo enfocado a todos os públicos.

Sábado 16 de febreiro de 12.30 a 14.00 h

Saída da Gardería Infantil Santa Susana

Público ao que se dirixe: Público familiar, actividade interxeracional

Número de persoas: 40 entre nenos/as e adultos responsables correspondentes

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farae por estrito orde de chegada de solicitude

O espectáculo teatral 'Pavillón Lino', pode verse no Teatro Principal o 16 de febreiro ás 18.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

____

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas en  #PASEA pasearemos e falaremos. camiñaremos e compartiremos. Aprenderemos nunha camiñada.

Duración: 
90' aprox.
Entradas: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

 

Funcións: 
Sábado, 16 Febreiro, 2019
12:30 a 14:00
Gardería infantil Santa Susana