PASE DOBRE

DATOS BÁSICOS

W.R. - MISTERIJE ORGANIZMA / OS MISTERIOS DO ORGANISMO

Dirección: Dušan Makavejev

Iugoslavia, Alemaña Occidental (RFA) / 1971 / Longametraxe / Ficción / Serbo-croata, Inglés, Ruso, Alemán

Ficha artística

Milena Dravic, Ivica Vidovic, Jagoda Kaloper, Tuli Kupferberg, Zoran Radmilovic, Jackie Curtis, Miodrag Andric, Zivka Matic.

Ficha técnica

Guión: Dusan Makavejev.
Fotografía: Aleksandar Petkovic, Predrag Popovic.
Música: Bojana Marijan.
Produción: Neoplanta Film.

Sinopse

En 1971, en plena resaca do Maio do 68, o cineasta iugoslavo Dusan Makavejev convértese no artista máis polémico do momento con esta especie de falso documental sobre sexo e política, no que se combinan noticiarios, entrevistas, ficción e ocorrencias surrealistas varias. O guión xira ao redor da vida e obra do psiquiatra austríaco Wilhelm Reich, descubridor da enerxía orgásmica, e das peripecias de dúas mozas comunistas con moitas ganas de experimentar cos seus respectivos corpos.

Premios

  • Hugo de Ouro á mellor película no Festival de Chicago.

THE HOUSE IS BLACK

Duración: 21 minutos

Dirección: Forugh Farrokhzad

Irán / 1963 / Curtametraxe / Documental / Persa

Ficha artística

Ficha técnica

Guión: Forugh Farrokhzad.
Fotografía: Soleiman Minasian.
Produción: Studio Golestan.

Sinopse

Recoñecido documental iraniano sobre a vida e sufrimento nun lazareto, que foi cualificado como unha peza imprescindible do xénero próximo a obras como Las Hurdes, de Luis Buñuel, ou Freaks, de Tod Browning. A única obra cinematográfica de Forough Farrokhzad da comezo coa cita "O mundo está cheo de fealdade. Aínda habería máis se o home apartase a mirada. Van ver en pantalla unha imaxe da fealdade, un retrato do sufrimento, que sería inxusto ignorar" e posteriormente mostra, de forma crúa mais tamén poética, a vida nunha colonia de leprosos.

Duración: 
84 min + 21 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Luns, 19 Novembro, 2018
17:00
Sede Afundación