PASE DOBRE

DATOS BÁSICOS

UN CHANT D'AMOUR

Duración: 25 minutos

Dirección: Jean Genet

Francia / 1950 / Curtametraxe / Ficción / Muda

Ficha artística

Ficha técnica

Guión: Jean Genet.
Fotografía: Jacques Natteau, Jean Cocteau.
Música: Gavin Bryars.
Produción: Nikos Papatakis.

Sinopse

Nun cárcere francés, desde as súas respectivas celas, dous presos conseguen comunicarse a través dun burato no muro que os separa. Ambos acaban establecendo un contacto amoroso e erótico, usando diferentes obxectos como unha cana, a través da que comparten o fume dos seus cigarros. O garda obsérvaos silencioso.

 

__

SUDDENLY, LAST SUMMER / DE SÚPETO, O ÚLTIMO VERÁN

Duración: 114 minutos

Dirección: Joseph L. Mankiewicz

Reino Unido,Estados Unidos / 1959 / Longametraxe / Ficción / Inglés

Ficha artística

Elizabeth Taylor, Montgomery Clift, Katharine Hepburn, Albert Dekker, Mercedes McCambridge, Gary Raymond, Joan Young.

Ficha técnica

Guión: Tennessee Williams, Gore Vidal.
Fotografía: Jack Hildyard.
Música: Buxton Orr, Malcom Arnold.
Produción: Columbia Pictures presents a Sam Spiegel production.

Sinopse

Na Nova Orleans de 1937, unha rica viúva, a señora Venable, ofrece ao doutor Cukrowicz os fondos para crear un hospital a condición de que practique unha lobotomía á súa sobriña Catherine. A señora Venable atópase perturbada pola recente morte en Europa do seu fillo Sebastian, con quen adoitaba viaxar todos os veráns, salvo o último, no que Sebastian preferiu levar como acompañante a súa curmá Catherine.

Premios

  • Globo de Ouro á mellor actriz principal en 1959.
Duración: 
25 e 114 minutos
Entradas: 

Entrada libre ata completar o aforo

Funcións: 
Martes, 27 Novembro, 2018
17:45
Sala Agustín Magán